Galería

Críticas e referencias

O pase de diapositivas require JavaScript.

Velaquí algunhas referencias ao primeiro libro de Engaiolarte Edicións, que desde o pasado 14 de maio pode adquirirse nas librarías do país.

En Brétemas, o blog de edición de Manuel Bragado.

http://bretemas.com/onte-985-temos-dereito-a-un-futuro-distinto/

Manuel López Foxo, escrebe unha reseña en Sermos Galiza

http://www.sermosgaliza.com/opinion/manuel-lopez-foxo/xavier-vence-cordialidade-do-corazon/20140702200958028796.html

En Biosbardia, o país dos libros en galego, que dirixe o xornalista César Lorenzo Gil.

http://biosbardia.wordpress.com/2014/05/13/conversas-con-xavier-vence-a-descuberta-dun-politico/

En Galicia hoxe

http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/xavier-vence-preve-ruptura-da-ue-cre-dereita-quere-retirar-muller-do-mercado-laboral/idEdicion-2014-05-15/idNoticia-868956/

En El Correo Gallego

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/xavier-vence-preve-ruptura-da-ue-cre-dereita-quere-retirar-muller-do-mercado-laboral/idEdicion-2014-05-16/idNoticia-868965/

En Sermos Galiza

http://www.sermosgaliza.com/articulo/politica/xornalista-xan-carballa-afonda-na-figura-xavier-vence-nun-libro-entrevistas/20140516134725027370.html

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 

 

Galería

Un libro de conversas con Xavier Vence

Engaiolarte Edicións, inaugura a súa andaina co libro Xavier Vence. Conversas. Temos dereito a un futuro distinto, unha longa entrevista co economista e portavoz nacional do BNG, realizada polo xornalista Xan Carballa.

O libro é unha aproximación biográfica a unha persoa ben coñecida no mundo universitario e do ensaio económico, e que desde 2013 lidera a principal organización do nacionalismo galego, logo da crise desatada no BNG en 2012. Vence é un perfil novo que se analiza a si mesmo, “se tivera que imaxinar algo penso que hoxe por hoxe se me ve sobre todo como economista e profesor da universidade e menos como político. Eu trato de facer un discurso político riguroso, claro pero non demagóxico, facendo fincapé nas causas dos problemas e nas alternativas. Non me gusta nada o tipo de discurso político que hoxe abunda, de impacto, de titulares, sen respaldo nin na verdade nin en propostas. En todo o caso, eu trato de lle achegar o meu criterio e o meu saber ao BNG sobre o futuro do país: poñer orixinalidade na fundamentación das posicións que mantemos e reforzar a dimensión técnica e racional das propostas políticas e económicas que lanzamos”.

No libro Vence percorre as distintas etapas do nacionalismo contemporáneo, analiza a presenza nacionalista nos gobernos municipais e autonómico e as causas da crise económica e institucional actual, e vincula o horizonte da soberanía para Galicia como a saída máis realista.

Se quere información sobre como mercar este libro prema neste enlace:

librosnacasa.wordpress.com